Aida Valiño Gómez, nada en Castroverde o 23 de xuño de 1987, é unha triatleta galega.
Traxectoria
Comezou practicando natación, pasando a competir en tríatlon aos 14 anos.[1] En 2003 ingresou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e ese mesmo ano participou, en categoría xuvenil, no Campionato de Europa de tríatlon na cidade húngara de Győr, onde quedou quinta na proba de remudas formando equipo con Saleta Castro e Lara del Valle,[2] resultado que mellorou ao ano seguinte en Italia, quedando cuarta con del Valle e Lucía Esquerdeiro.[3] O 19 de abril de 2006 presentouse o equipamento coas cores de Galicia co que competirían na Copa de Europa en Estoril e Alexandroupolis (Grecia) os triatletas galegos Aída Valiño, Javier Gómez Noya, Alberto Trillo, Saleta Castro e David Castro. Valiño rematou 15ª na categoría absoluta en Estoril e 10ª en Alexandroupolis.[4][5] Ese ano venceu a travesía a nado da Ría de Vigo.[6]
No 2007 quedou sexta no Campionato de Europa sub-23 celebrado en Kuopio, Finlandia.[7] Ao ano seguinte logrou dúas medallas de prata no Campionato de Europa de Dúatlon celebrado en Serres, Grecia, unha delas na categoría sub-23 e a outra na proba de remudas xunto a Beatriz Jiménez e Helena Herrero.[8][9][10] Ademais disputou en Vancouver o Campionato do mundo de tríatlon 2008 na categoría sub-23, rematando en 12ª posición,[11] e quedou quinta nunha proba da Copa de Europa disputada en Karlovy Vary (República Checa).[12] En 2010 disputou dúas probas das Series Mundiais de tríatlon, incluída a Gran Final de Budapest, así como o Campionato Mundial de Tríatlon de Velocidade en Lausana, onde rematou 30ª.[13] Tamén en Lausana ao día seguinte participou co equipo español no mundial de remudas mixtas, acabando en 13ª posición.[14]
En 2011 quedou subcampeoa de España en tríatlon cros, tras quedar segunda na proba celebrada en Caspe.[15] En 2012 proclamouse subcampioa de España de tríatlon en distancia sprint e ao ano seguinte campioa de España de ácuatlon e campioa galega de tríatlon.[16][17][18] En xuño de 2014 conseguiu o título de campioa de España de tríatlon en media distancia nunha proba celebrada na Serra de Guadarrama, na que o vencedor masculino foi a súa parella, o tudense Gustavo Rodríguez.[19] Unha semana despois foi atropelada por unha furgoneta en Oia xunto a outros ciclistas cos que adestraba.[20] Sufriu un pneumotórax e a fractura dun cóbado, do tabique nasal e dunha clavícula.[21]
Tras varios meses de recuperación volveu á competición en abril de 2015 no Tríatlon de Elche, onde logrou a vitoria.[22] Con todo, só uns días despois sufriu un novo atropelo cando adestraba en Salcedo, Pontevedra.[23] Tras o accidente deixou de competir ata 2019, cando participou no Tríatlon de Cambados, quedando segunda.[24] En outubro de 2020 venceu en Caminha o Campionato Ibérico de tríatlon de media distancia.[25]
Vida persoal
Fóra do deporte traballa como enfermeira. A súa parella é o tamén triatleta Gustavo Rodríguez, co que ten dúas fillas.[26][27][1]
Mellores resultados
Campionatos do mundo
Copa do Mundo
Campionatos de Europa
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Méndez, Álex (1 de febreiro de 2013). "Una pareja unida por el triatlón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados Gyor 2003". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados Marina di Montalto 2004". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados Estoril 2006". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados Alexandroupolis 2006". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Meca se impone por tres segundos a Adrián Vázquez en la travesía a nado "Ría de Vigo"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados Kuopio 2007". www.triathlon.org (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados remudas Serres 2008". www.triathlon.org. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados sub-23 Serres 2008". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "DUATLÓN – Campeonato de Europa" (en castelán). 27 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados Vancouver 2008". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Aida Valiño, entre as mellores do triatlón de elite europeo" (en castelán). 12 de agosto de 2008. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados Lausana 2010". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados Lausana remudas mixtas 2010". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Víctor del Corral y María Pujol, campeones de España de Triatlón Cros" (en castelán). 12 de xuño de 2011. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Miriam Casillas campeona de España de Triatlón Sprint" (en castelán). 7 de outubro de 2012. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Gómez Noya y Aida Valiño Campeones de España de Acuatlón" (en castelán). 26 de maio de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Vídeos de Aida Valiño e Pablo Dapena, campións galegos de tríatlon 2013 en Pontevedra". 30 de setembro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Gustavo Rodríguez y Aída Valiño, campeones de España de Media distancia" (en castelán). 16 de xuño de 2014. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ Torres, Mónica (22 de xuño de 2014). "Una furgoneta arrolla a ocho ciclistas en Oia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Aída Valiño: "Me encuentro más animada, con ganas de recuperarme"" (en castelán). 8 de xullo de 2014. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "AÍDA VALIÑO, VENCEDORA DO TRÍATLON DE MEDIA DISTANCIA DE ELCHE". 18 de abril de 2014. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Aida Valiño: "Es un paso atrás en mi carrera deportiva"". Faro de Vigo (en castelán). 27 de abril de 2015. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Aida Valiño retorna tras 4 años de maternidad" (en castelán). 29 de xuño de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Aida Valiño se lleva el Triatlo de Caminha, con Gustavo y Esther Rodríguez terceros." (en castelán). 4 de outubro de 2020. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ Vázquez Fraga, Miriam (2 de xuño de 2016). "«Por fin me pasa algo bueno»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ V. F., M. (26 de xuño de 2019). "Aída Valiño: «No aspiro a ser la de antes»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos