No xiísmo un aiatolá[1] é un dos títulos máis elevado que pode recibir o clero xiíta, recíbeo aquel estudante superior hausa que chega ao grao de muxtahid e que é experto destacado nun aspecto do islam e que obtén a estima, respecto e admiración dos seus superiores, está entón, ao dominar o ixtihad, capacitado para emitir os seus propios edictos[2] sobre a súa especialidade fundamentados nas fontes das leis islámicas, normalmente tamén ensina nas escolas de ciencias islámicas. Uns poucos dos aiatolás chegan ao grao de Marja' ou Grande Aiatolá.