Agustín de Spínola Basadone, tamén coñecido como Agostino Spínola[1], nado en Xénova en 1597 e finado en Sevilla o 12 de febreiro de 1649, foi un eclesiástico italiano e home de estado ao servizo de Filipe IV.
Traxectoria
Segundo fillo de Ambrosio Spínola, foi educado en España, onde na súa infancia serviu como meniño da raíña Margarida de Austria. Estudou na Universidade de Salamanca e na de Alcalá.[2]
Creado cardeal de San Cosme e San Damián en 1621, bispo de Tortosa dous anos despois, camarlengo do Colexio Cardinalicio en 1632, arcebispo de Granada, de Santiago de Compostela, conselleiro de estado desde 1638,[3] gobernador de Galicia durante un breve período en 1643 e arcebispo de Sevilla.[4]
Notas