Agustín Mascareñas Corcuera, nado en Burgos o 9 de xullo de 1817 e finado en Verín o 22 de agosto de 1895, foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Agustín Mascareñas de Araujo. Formou parte da Corporación de Verín e foi Alcalde de Verín (1957). Foi tamén deputado provincial.
Vida persoal
Casou en primeiras nupcias con Camila Marquina Mascareñas, de Celanova, sen descendencia. En segundas nupcias casou con Carolina García Reigada, do pazo do Penedo (Sandiás). Novamente viúvo, en terceiras nupcias casou con Inocencia Romero García, de Verín, e foi pai de Ramiro e Sergio Mascareñas Romero.
Véxase tamén
Ligazóns externas