Agustín Iglesias Caunedo, nado en Oviedo o 10 de febreiro de 1971, é un político asturiano do Partido Popular. Desde xaneiro de 2012 é o alcalde de Oviedo, cargo no que sucedeu a Gabino de Lorenzo,[1] ademais de secretario xeral do Partido Popular de Oviedo. Tamén ten o cargo de director de Ibermutuamur en Oviedo desde 1999, aínda que actualmente está en excedencia. É ademais vicepresidente segundo de Cajastur.[2]
Estudou nas escolas de San Pedro de los Arcos primeiro e no colexio Parque Infantil a continuación, antes de terminar o bacharelato no Colexio Loyola, onde estudaba cando se afiliou ás Novas Xeracións do Partido Popular con 16 anos. Matricoulse en Dereito na Universidade de Oviedo, pero aínda non se licenciou.[3]
Está divorciado de Isabel Pérez-Espinosa.[4]
Obtivo a súa primeira acta de concelleiro na primeira lexislatura de Gabino de Lorenzo. Entre os anos 1991 e 1995 foi concelleiro delegado de Xuventude, Emprego, Promoción Social e Mercados. Logo foi deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias, onde foi portavoz do Grupo Parlamentario Popular. En 2003 regresou ao Concello como edil de Orzamentos e Coordinación.[5]
Notas