Agustín Horta Resúa

Modelo:BiografíaAgustín Horta Resúa
Biografía
Nacementoc. 1910 Editar o valor en Wikidata
Bealo, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (25/26 anos)
Lousame, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsCelestino Horta Resúa Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 12054

Agustín Horta Resúa, nado en Bealo (Boiro) cara a 1910 e finado en Lousame o 21 de novembro de 1936, foi un labrego e sindicalista galego.

Traxectoria

Veciño de Bealo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado no Alto do Confurco o 21 de novembro de 1936 por negarse a delatar ao seu irmán Celestino Horta Resúa.[1] Os seus restos foron depositados na foxa común do cemiterio de San Xoán de Lousame, onde tamén repousan os corpos de Ángel Moreiras Sánchez e Ramón Tubío Millares.[2][a]

Recoñecementos

Foi homenaxeado polo Concello de Boiro no Día da Galiza Mártir de 2012.[4]

Notas

  1. Hai outra persoa soterrada neste mesmo lugar que non puido ser identificada.[2] O seu corpo apareceu en Tállara, Lousame, tras ser asasinado no mes de agosto de 1936 sen que as dilixencias xudiciais puidesen esclarecer sequera o seu nome.[3]

Referencias

  1. Gómez, Marta (16 de agosto de 2012). "O boirense Agustín Horta Resúa será homenaxeado no Día da Galiza Mártir". La Voz de Galicia. 
  2. 2,0 2,1 Agrafoxo, Xerardo (1995). 1936. A guerra civil en Lousame e Noia: testemuñas dunha represión. Lousame: Concello de Lousame. 
  3. Cuevas Buján, Lorena; Fernández Fernández, Eliseo (2016). Breve historia da coluna Sanfins (PDF). Grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza. p. 61. 
  4. Gómez, Marta (19 de agosto de 2012). "O Día da Galiza Mártir serviu para lembrar ás familias perseguidas trala guerra en Boiro". La Voz de Galicia.