Agustín Fernández Gallego, nado en 1959 en Caracas, é un político galego do PSdeG-PSOE que foi alcalde de Ourense de 2012 a 2015.
Traxectoria
Profesionalmente é funcionario do corpo de inspectores de Facenda, e preparador de oposicións[1]. Nas eleccións de 2007 foi elixido concelleiro en Ourense, ao figurar como independente nas listas do PSdeG. A partir dese momento, sendo alcalde Francisco Rodríguez, ocupa a carteira de Economía e Facenda. En 2009 afíliase ao PSdeG, e entra a formar parte da súa executiva, na área de Economía.
Nos comicios locais de 2011 volveu saír elixido. Mantense na carteira de Facenda ata que en outubro do 2012, logo da imputación por prevaricación do alcalde no marco da operación Pokémon, pasou a ocupar o cargo de alcalde grazas aos votos dos socialistas e do BNG. Continuou como alcalde ata as eleccións de maio de 2015, ás cales non concorreu á reelección, apartándose da primeira liña política.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos