Agustín de Carlos Elduayen, nado en Donostia o 4 de agosto de 1964, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro.
Traxectoria
Elduayen iniciouse na Real Sociedad sendo o primeiro porteiro que substituíu o mítico Luis Miguel Arconada. Debido á prometedora carreira que se lle prevía foi fichado polo Atlético de Madrid onde non terminou de triunfar tendo que emigrar ao Real Burgos.
No Burgos foi onde realmente conseguiu demostrar a súa calidade como porteiro. Permanecendo no equipo durante tres anos nos que conseguiu, ademais de ser un dos xogadores máis queridos da época, ser convocado por Vicente Miera para xogar coa selección española onde non chegou a debutar.
Tralo descenso do Real Burgos a Segunda foi traspasado ao Deportivo da Coruña, onde por mor da alta competitividade entre os porteiros (Paco Liaño e Canales, entre outros) non tivo moita continuidade. Finalizou a súa carreira deportiva no Real Valladolid, onde apenas xogou.
Palmarés
Club
- Deportivo
País
- España sub-21
Individual
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Debut na Recopa de Europa |
|