Agustín Baamonde Díaz, nado en Vilalba o 8 de maio de 1950, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Licenciado en dereito pola USC. Concelleiro en Vilalba, en 1987 foi nomeado Primeiro tenente de alcalde. O 22 de xaneiro de 1990 foi elixido alcalde en substitución de José María García Leira. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata o 12 de maio de 2005 que deixou o cargo ao ser elixido deputado no Parlamento de Galicia. Foi deputado provincial (1991-2005). O 2 de novembro de 2016 substituíu a Gerardo Criado Guizán na alcaldía de Vilalba.[1]
Nas eleccións municipais de 2019 foi sucedido na alcaldía por Elba Veleiro, do PSdeG.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas