Agustín Jorge Etcheverri

Modelo:BiografíaAgustín Jorge Etcheverri

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cangas
1936 – 1936 (destitución)
← Francisco Eiroa GrañaÓscar Boán Callejas → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsÁngel Jorge Echeverri Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 154

Agustín Jorge Etcheverri, nado en Santiago de Compostela en 1902 e finado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Estudou no Colexio de San Buenaventura e despois licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1927). Estableceuse en Cangas como médico a finais de 1927 e traballou para o pósito. Foi o primeiro presidente do Círculo Republicano Radical de Cangas formado en 1931, sendo representante do Partido Republicano Radical en Pontevedra. Foi Xuíz municipal de Cangas (1933). En 1935 foi un dos fundadores e o primeiro presidente de Izquierda Republicana. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Cangas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo acusado de rebelión militar e ingresou na prisión de Cangas. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra o 19 de setembro xunto ao secretario do concello Francisco Búa Carou, Lorenzo Corbacho Rodal, Víctor Sánchez Mártil e José Rodal Lanzós.[1] Condenado á pena de morte, foi fusilado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936.

Notas

  1. El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 7.

Véxase tamén

Bibliografía


Predecesor:
Francisco Eiroa Graña
 
Alcalde de Cangas
 
1936
Sucesor:
Óscar Boán Callejas