Aguas de Fontoira é unha empresa galega adicada ao envasado de auga mineral natural situada no concello de Cospeito (Lugo). A empresa é propiedade de Begano, empresa fabricante de Coca-Cola en Galiza. O manancial de Fontoira foi declarado como mineral natural pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia o 21 de outubro de 1992.
Augas de Fontoira comercializa dende marzo de 2004 a súa auga baixo a marca Aquabona manancial de Fontoira. Coca-Cola ten en España tres mananciais que venden auga baixo a marca Aquabona: Santolín (Burgos), Fuenmayor (Teruel) e Peña Umbría (Valencia).
A empresa ten certificacións:
- ISO 9001 (calidade)
- ISO 14001 (medio ambiente)
- OHSAS 18001 (seguridade laboral)
- FSSC 22000 (seguridade alimentaria)
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas