Agrupación Nacionalista Galega de Narón

Agrupación Nacionalista Galega de Narón
Tipopartido político
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Agrupación Nacionalista Galega de Narón foi unha agrupación electoral de carácter municipalista, independente, nacionalista e de esquerdas.

Historia

Formouse en Narón (provincia da Coruña) para dar continuidade á coalición Unidade Galega, que acadara neste concello a alcaldía nas eleccións municipais de 1979. Nas eleccións de maio de 1983 obtén 6 concelleiros que sumados ós 5 do PSOE volven dar a alcaldía a Antonio Martínez Aneiros, alcalde na etapa anterior.

En 1985, a ANGN intégrase no PSG-EG. Como consecuencia desta integración Antonio Martínez Aneiros resulta escollido deputado nas eleccións ao parlamento de galicia de 1985, pasando a ocupar o seu posto como alcalde Xoán Gato Díaz.[1][2]

Notas

  1. Salgado (2016-10-29). "Martínez Aneiros, primer alcalde democrático de Narón, tendrá una calle en O Val". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2020-06-20. 
  2. "Las alianzas de izquierdas dirigieron el gobierno local de Narón desde 1979". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-04-19. Consultado o 2020-06-20.