Agrupación Cultural O Facho

Agrupación Cultural O Facho
Placa na sede da agrupación na Coruña.
Tipoasociación cultural
Data de fundación1963
EnA Coruña
PaísGalicia
Na rede
http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/
editar datos en Wikidata ]

A Agrupación Cultural O Facho é unha asociación cultural creada na Coruña o 23 de decembro de 1963[1].

Traxectoria

Xurdiu como un colectivo cultural que agrupaba aos defensores da lingua galega o que permitiu un primeiro desenvolvemento político organizado contra a ditadura. Entre os seus promotores estaban Henrique Harguindey, Andrés Salgueiro, Xosé Luís Carneiro e Xosé Luís Rodríguez Pardo.

A Agrupación organizou cursos de lingua galega, creou un grupo de teatro do que foi responsábel Manuel Lourenzo, organizou o primeiro certame de banda deseñada de Galicia e realizou en 1975 unha mostra de banda deseñada que recollía os traballos do "Grupo do Castro". Estableceu un premio para a literatura infantil e xuvenil, galardón que recaeu na primeira edición de 1968 no libro de Carlos Casares A galiña azul. Tamén organizou excursións para coñecer a cultura do país, a celebración do Día das Letras ou dun programa de radio en galego en 1973.

En xaneiro de 2012, a asociación doou á Real Academia Galega a súa biblioteca, cadros, carteis e o seu arquivo documental.

Notas

  1. "50 aniversario da Agrupación Cultural O Facho ". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2013. Consultado o 21 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas