Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Agostiño.
Agostiño[1] é un nome propio galego de home, provén do nome latino Augustinus derivado de augustus (venerable). En galego tamén ten a variante Agostín e os hipocorísticos Agosto e Chiño.[1]
En xaneiro de 2023 existían 9 varóns en Galicia co nome Agostiño, cunha media de idade de 50,5 anos.[2]
Outras linguas
- Agosti: éuscaro
- Agostino: italiano
- Agostinho: portugués
- Agostim: portugués
- Agustí: catalán
- Agustín: castelán
- Augustin: francés
- Augustine: inglés
- Austin: inglés
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos