Agnes Jebet Tirop, nada o 23 de outubro de 1995 e finada o 13 de outubro de 2021, foi unha atleta profesional kenyana, especialista en carreiras de fondo, medallista de bronce no Campionato Mundial en 2017 e 2019 na proba de 10.000 m.[1][2]
Morte
Tirop foi atopada morta no seu fogar en Iten, no condado de Elgeyo-Marakwet, o 13 de outubro de 2021; tiña varias puñaladas no pescozo e no abdome.[3][4][5] Actualmente o seu marido está desaparecido e, polo tanto, é considerado sospeitoso da súa morte.[3]