Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Aférese.
Unha aférese ou ablación é un metaplasmo fonolóxico (ou fonético) que consiste na eliminación dun ou varios fonemas (ou sons) na posición inicial dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno pode darse ó longo da historia da lingua ou sincronicamente en diferentes variedades diatópicas. Pode darse pola transformación do elemento inicial nun artigo debido a unha confusión[1], como o caso de bodega e botica que derivan do latín apotheca[2].
Este fenómeno lingüístico, amais de darse no proceso de formación das linguas, dáse tamén na actualidade, como se pode observar nos seguintes exemplos:
- lectorile (latín vulgar) > letril > latril > atril.
- perda da vogal inicial: atopar > *topar
- perda dunha sílaba inicial: ña nai, miña santiña (Rosalía de Castro)
- paso de estar a *tar ou de vamos a *mos.
Notas
- ↑ Jean Dubois Dicionário de lingüística. Cultrix, 9ª ed, 2004, páxina 19
- ↑ Xaime Varela. Léxico cotián na Alta Idade Media: a arquitectura civil. Verba, anexo 62, 2008, páxina 29