É unha especie endémica das terras baixas dos bosques congoleses centrais da República Democrática do Congo (da que á a súa "ave nacional"). Encóntrase nos bosques primarios e secundarios do Parque Nacional de Salonga. Os signos secundarios da súa presenza, como excrementos e plumas, atopáronse máis frecuentemente na rexeneración do bosque secundario que no bosque primario. No bosque secundario os seus excrementos acháronse preto dos cursos de auga, onde as árbores eran de menor tamaño e a diversidade vexetal inferior á dos bosques primarios.[4][5] A súa área de distribución é escasa e irregular, seguramente ou, en parte, debido á limitada dispoñibilidade deste tipo de hábitats.[4]
A estación de reprodución pode depender das condicións locais de chuvia.[6]
Ameazas
O Afropavo congensis está ameazado pola perda do seu hábitat causada pola caza, a minaría, os cambios dos cultivos e a corta e transporte de madeira.[4]
Status
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status desta especie como VU (vulnerábel) porque s supón que ten unha pequena poboación que, ademais, se sospeita que está en declive debido á perda continua de espécimes pola caza e pola destrución do seu hábitat, aumentada esta polos impactos da guerra e dos refuxiados. As enquisas suxiren que amplas zonas da súa área de dispersión están desocupadas, o que implica que a poboación está dividida en pequenas subpoboacións.[1]
↑Mulotwa, M.; Louette, M.; Dudu, A.; Upoki, A. & Fuller, R. A. (2010): "Congo Peafowl use both primary and regenerating forest in Salonga National Park, Democratic Republic of Congo". Ostrich81 (1): 1-6.
↑ 6,06,1McGowan, P. J. K. (1994): "Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J., eds. Handbook of the birds of the world. Barcelona: Lynx Edicions, pp. 434-552.
↑Mulotwa, M.; Louette, M.; Dudu, A. & Upoki, A. (2006): "W.A.O.S. research grant report: the Congo Peafowl Afropavo congensis in Salongo National Park (Democratic Republic of Congo)". Malimbus28 (2): 143-144.
del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España e Cambridge, Reino Unido.: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.