O aeroporto de Sunshine Coast (IATA: MCY, OACI: YBSU), anteriormente aeroporto de Maroochydore, é un aeroporto australiano que serve a Sunshine Coast, Queensland. É a porta de entrada a destinos de vacacións como Noosa, Maroochydore, Mooloolaba e Caloundra. Ten voos directos cada día a Sydney e Melbourne. Ademais, Air New Zealand voa ao aeroporto estavcionalmente, con tres voos semanais dende Sunshine Coast a Auckland.
O aeroporto de Sunshine Coast está situado en Marcoola, a 10 quilómetros ao norte de Maroochydore, e é propiedade do consello rexional de Sunshine Coast. É o único aeroporto da rexión capaz de operar reactores.
Aeroliñas e destinos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas