Aeroporto de Montreal-Pierre Elliott Trudeau
Aeroporto de Montreal-Pierre Elliott Trudeau Aéroport international Pierre-Elliott-Trudeau de Montréal Montréal-Pierre Elliott Trudeau International Airport
|
|
|
|
Sumario
|
Tipo
|
público
|
Propietario
|
Transport Canada
|
Operador
|
Aéroports de Montréal
|
Cidade/Illa
|
Gran Montreal
|
Elevación (msnm)
|
36 metros / 118 pés
|
Coordenadas
|
|
Web
|
http://www.admtl.com/
|
Pista(s)
|
Dirección
|
Longo
|
Superficie
|
metros
|
pés
|
06L/24R
|
3 353
|
11 000
|
asfalto/formigón
|
06R/24L
|
2 926
|
9 600
|
formigón
|
10/28
|
2 134
|
7 000
|
asfalto
|
Estatísticas (2016)
|
Pasaxeiros
|
16 589 067
|
O aeroporto internacional de Montreal-Pierre Elliott Trudeau (IATA: YUL, ICAO: CYUL) ou sinxelamente Montreal-Trudeau, anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Montreal-Dorval, é un aeroporto canadense situado na illa de Montreal, a 20 km do centro da cidade. As terminais atópanse no suburbio de Dorval, mentres que o complexo de oficinas de Air Canada e unha das pistas están na veciñanza de Saint-Laurent. O aeroporto serve ao Gran Montreal e ás rexións adxacentes no Quebec, o leste de Ontario, Vermont, e o norte do estado de Nova York.[1] O aeroporto foi bautizado na honra de Pierre Elliott Trudeau, o 15º Primeiro Ministro do Canadá e pai do actual Primeiro Ministro Justin Trudeau.
O aeroporto é un dos dous dirixidos e operados por Aéroports de Montréal (ADM), unha corporación sen ánimo de lucro e sen capital social; o outro é o aeroporto de Montreal-Mirabel, ao noroeste da cidade, que inicialmente ía substituír o de Dorval pero que no presente opera case unicamente voos de carga. Montreal-Trudeau é propiedade de Transport Canada, que ten un contrato de alugueiro con Aéroports de Montréal por 60 anos.
Trudeau é o aeroporto máis concorrido da provincia do Quebec, o terceiro máis concorrido do Canadá en termos de pasaxeiros, con 16,6 millóns, e o cuarto en número de operacións, con 225 206 movementos en 2016.[2] É unha das principais portas de entrada ao Canadá con 10,1 millóns de pasaxeiros internacionais (o 63% do total), sendo a maior proporción entre os aeroportos do país en 2016. Montreal-Trudeau é un dos catro centros de conexión de Air Canada. A ruta entre Montreal e París (Charles de Gaulle e Orly) é a ruta internacional máis concorrida dende o Canadá.[3] De media, cada día pasan polas súas instalacións ao redor de 45 000 pasaxeiros.
As aeroliñas que operan en Trudeau ofrecen voos sen escalas a cinco continentes: África, Asia, Europa, Norteamérica e Suramérica.[4][5][6] É un dos dous aeroportos canadenses con voos a cinco ou máis continentes, sendo o outro o de Toronto-Pearson.[7] O aeroporto é unha base operativa para Air Inuit, Air Transat e Sunwing Airlines.
Aeroliñas e destinos
Pasaxeiros
Aeroliñas |
Destinos
|
Aeroméxico |
Cidade de México
|
Air Algérie |
Alxer
|
Air Canada |
Bruxelas, Calgary, Casablanca (comeza en xuño de 2018),[8] Edmonton, Frankfurt, Xenebra, Halifax, Londres-Heathrow, Os Ánxeles, Lión, París-Charles de Gaulle, San Xoán de Terra Nova, San Francisco, Shanghai-Pudong, Toquio-Narita (comeza en xuño de 2018),[9] Toronto-Pearson, Vancouver Estacional: Barbados, Chicago-O'Hare, Denver, Dublín (comeza en xuño de 2018),[10], Fort Myers, Montego Bay, Nassau (reanúdase en decembro de 2017),[11] Otava, Providenciales, Reiquiavik-Keflavík (comeza en xuño de 2018), Roma-Fiumicino, San Xoán, Tel Aviv-Ben Gurion, West Palm Beach
|
Air Canada Express |
Bagotville, Baie-Comeau, Bathurst, Boston, Charlottetown, Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Fredericton, Gaspé, Halifax, Hamilton (ON), Hartford, Houston-Intercontinental, Illas da Madalena, Moncton, Mont-Joli, Newark, Nova-York-LaGuardia, Otava, Filadelfia, Quebec, Rouyn-Noranda, Saint John (NB), San Xoán de Terra Nova, Sept-Îles, Toronto-Billy Bishop, Toronto-Pearson, Val-d'Or, Wabush, Washington-Dulles, Washington-Nacional, Winnipeg Estacional Denver
|
Air Canada Rouge |
Cancún, Casablanca (remata en maio de 2018),[8] Cayo Coco, Cozumel, Fort-de-France, Fort Lauderdale, Holguín, Las Vegas, Lima (comeza en decembro de 2017),[12] Miami, Orlando, Pointe-à-Pitre, Porto Príncipe, Puerto Plata, Punta Cana, Samaná, San Salvador (Bahamas), Santa Clara, Tampa, Varadero Estacional: Alxer, Atenas, Barcelona, Bucarest (comeza en xuño de 2018),[8] Charlottetown, Curaçao, Ixtapa/Zihuatanejo, La Romana, Lisboa (comeza en xuño de 2018),[8] Liberia (CR), Marsella, Cidade de México, Niza, Phoenix-Sky Harbor (comeza en febreiro de 2018),[12] Puerto Vallarta, San Xosé de Costa Rica, Santa Lucía-Hewanorra comeza en decembro de 2017), Venecia-Marco Polo
|
Air China |
Pequín-Capital, A Habana
|
Air Creebec |
Chibougamau, Chisasibi, Eastmain, Kuujjuarapik, Nemaska, Val-d'Or, Waskaganish, Wemindji
|
Air France |
París-Charles de Gaulle
|
Air Inuit |
Kuujjuaq, Kuujjuarapik, La Grande, Puvirnituq, Quebec, Salluit, Schefferville, Sept-Îles
|
Air Saint-Pierre |
Saint-Pierre
|
Air Transat |
Camaguey, Cancún, Cayo Coco, Cayo Largo del Sur, Fort Lauderdale, Holguín, La Romana, Lisboa, Málaga, Montego Bay, Orlando, París-Charles de Gaulle, Porto Príncipe, Puerto Plata, Puerto Vallarta, Punta Cana, Río Hato, Roatán, Samaná, Santa Clara, St. Maarten, Toronto-Pearson, Vancouver, Varadero Estacional: Acapulco, Atenas, Barcelona, Basilea/Mulhouse, Bordeos, Bruxelas, Cartaxena de Indias, Cozumel, Dublín, Fort-de-France, A Habana, Ixtapa/Zihuatanejo, Liberia (CR), Londres-Gatwick, Lión, Madrid, Managua, Marsella, Nantes, Niza, Pointe-à-Pitre, Porto, Praga, Quebec, Roma-Fiumicino, Rouyn-Noranda, San Andrés, San Xosé de Costa Rica, San Salvador, Santo Domingo-Las Américas (comeza en decembro de 2017),[13] San Xoán (comeza en decembro de 2017),[13] Santa Lucía-Hewanorra, Tampa (comeza en febreiro de 2018),[13] Tel Aviv-Ben Gurion, Tolosa, Venecia-Marco Polo
|
American Airlines |
Miami
|
American Eagle |
Charlotte, Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Nova York-JFK, Nova-York-LaGuardia, Filadelfia
|
Azores Airlines |
Estacional: Lisboa, Ponta Delgada
|
British Airways |
Londres-Heathrow
|
Copa Airlines |
Cidade de Panamá-Tocumen
|
Corsair International |
Estacional: París-Orly
|
Cubana |
Camaguey, Cayo Coco, Cayo Largo del Sur, Cienfuegos, A Habana, Holguín, Santa Clara, Santiago de Cuba, Varadero
|
Delta Air Lines |
Estacional: Atlanta
|
Delta Connection |
Atlanta, Detroit, Minneapolis/St. Paul, Nova York-JFK, Nova-York-LaGuardia
|
First Air |
Iqaluit, Kuujjuaq
|
Icelandair |
Estacional: Reiquiavik-Keflavík
|
Interjet |
Cancún, Cidade de México
|
KLM |
Ámsterdam
|
Lufthansa |
Múnic Estacional: Frankfurt
|
NextJet operado por Propair |
Chárter: Gatineau, Kitchener/Waterloo, Peterborough
|
Porter Airlines |
Halifax, Mont-Tremblant, Toronto-Billy Bishop
|
Provincial Airlines |
Quebec, Sept-Îles, Wabush
|
Qatar Airways |
Doha
|
Royal Air Maroc |
Casablanca
|
Royal Jordanian |
Amán-Raíña Alia
|
Sunwing Airlines |
Camaguey, Cancún, Cayo Coco, Holguín, Montego Bay, Puerto Plata, Punta Cana, Santa Clara, St. Maarten (suspendido ata abril de 2018)[14], Varadero Estacional: Acapulco, Aruba, Cayo Largo del Sur, Cozumel, Fort Lauderdale, Freeport, Huatulco, Ixtapa/Zihuatanejo, La Ceiba, La Romana, Liberia (CR), Manzanillo de Cuba, Puerto Vallarta, Río Hato, Roatán, San José del Cabo, Santiago de Cuba, Santa Lucía-Hewanorra (comeza en decembro de 2017)
|
Swiss International Air Lines |
Zürich
|
Tunisair |
Tunes
|
Turkish Airlines |
Istanbul-Atatürk
|
United Express |
Chicago-O'Hare, Newark, Washington-Dulles
|
WestJet |
Calgary, Fort Lauderdale, Toronto-Pearson, Vancouver Estacional: Cancún, Edmonton, Orlando, Winnipeg
|
WestJet Encore |
Boston,[15] Halifax, Quebec, Toronto-Pearson
|
WOW air |
Reiquiavik-Keflavík
|
Carga
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas
- ↑ Aéroports de Montréal (ed.). "Montréal-Trudeau at a glance". Archived from the original on 15 de marzo de 2010. Consultado o 19 de novembro de 2017.
- ↑ Aéroports de Montréal (ed.). "2016-2017 Aéroports de Montréal Passenger Statistics" (PDF). Consultado o 19 de novembro de 2017.
- ↑ Aéroports de Montréal (ed.). "More than 110 direct destinations, four of them new, available this simmer from Montréal-Trudeau" (PDF). Consultado o 19 de novembro de 2017.
- ↑ Aéroports de Montréal (ed.). "International Flights". Consultado o 19 de novembro de 2017.
- ↑ Aéroports de Montréal (ed.). "United States Flights". Consultado o 19 de novembro de 2017.
- ↑ Aéroports de Montréal (ed.). "Canada Flights". Consultado o 19 de novembro de 2017.
- ↑ Greater Toronto Airports Authority (ed.). "Long Haul Intercontinental Routes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2017.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "Air Canada Expands its Global Network from Montreal with New Service to Bucharest, Romania and Lisbon, Portugal". aircanada.mediaroom.com. Consultado o September 28, 2017.
- ↑ "Air Canada Introduces Montreal-Tokyo Non-stop Flights". Air Canada. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2017. Consultado o August 23, 2017.
- ↑ https://aircanada.mediaroom.com/2017-09-13-Air-Canada-Deepens-Embrace-of-the-Emerald-Isle-with-Expanded-Non-Stop-Services-to-Ireland-from-Toronto-and-Montreal
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Air Canada / rouge W17 Mexico/Caribbean changes". Consultado o September 11, 2017.
- ↑ 12,0 12,1 "Air Canada Announces Montreal - Lima Service; Its First Non-Stop South American flights from Montreal". News Release Archive. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2017. Consultado o September 11, 2017.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 2017, UBM (UK) Ltd. "airtransat adds new nonstop sectors for W17". Consultado o September 11, 2017.
- ↑ "Sunwing cancels St. Maarten flights through April 30, 2018; adds MoBay, Cancun capacity". September 15, 2017.
- ↑ "WestJet expands Montreal service in S17". Routes Online. Consultado o February 12, 2017.
|
|