O aeroporto de Kuressaare (IATA: URE, OACI: EEKE) é un aeroporto estoniano situado a 2,8 quilómetros ao sur da cidade de Kuressaare, na illa de Saaremaa.
A súa primeira pista de aterraxe foi construída na segunda metade dos anos 30 e o aeroporto inaugurouse oficialmente o 6 de marzo de 1945. O tráfico incrementouse durante os anos seguintes e entre 1949 e 1953 había entre 10 e 14 voos diarios entre Kuressaare e Talín. Durante ese tempo ao redor de 400 pasaxeiros voaba directamente a través do aeroporto. As súas instalacións non tiveron electricidade ata o ano 1958. A terminal actual foi construída en 1962 e a segunda pista, a 05/23, en 1976. En 1999 alongouse a pista principal e en 2007 modernizouse a terminal.
Aeroliñas e destinos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas