O Aeroporto de Biella (Aeroporto di Biella, en italiano), tamén coñecido como Aeroporto de Biella-Cerrione, é un aeroporto próximo a Biella, Italia.
O aeroporto está a 2 km ao sueste de Biella, ao que se pode acceder a través da Autostrada A4 e é apto para o tráfico comercial de terceiro nivel.
Historia
Inaugurouse o 17 de marzo de 1968 e dispoñía inicialmente dunha pista de 740 metros, logo ampliada aos 1 500 actuais. O aeroporto está aberto ao tráfico internacional todo o ano.
Véxase tamén
Ligazóns externas