O beato Adán Bargielski, nado como Adam Bargielski en Kalinów, Polonia o 7 de xaneiro de 1903 e finado en Dachau o 8 de setembro de 1942, foi un sacerdote polaco e mártir durante a segunda guerra mundial. É un dos cento oito mártires de Polonia beatificados por Xoán Paulo II o 13 de xuño de 1999.
Vida
Naceu en Kalinów o 7 de xaneiro de 1903[1]. Entregouse en troques do seu párroco, para que este non fose arrestado polos nazis[2]. Levárono ao campo de concentración de Dachau, onde morreu o 8 de setembro de 1942.
Foi beatificado como un dos Cento oito mártires de Polonia da segunda guerra mundial por Xoán Paulo II o 13 de xuño de 1999 en Varsovia, Polonia[3]. A súa festa individual celébrase o día da súa morte[1].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas