Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
ALD.
A adenoleucodistrofia é unha doenza neurolóxica hereditaria agrupada dentro do grupo das leucodistrofias. Produce unha desmielinización intensa e a morte prematura en nenos.[1]
Esta doenza caracterízase pola presenza dunha dexeneración progresiva da codia suprarrenal e motora cerebral, o que dá lugar a unha insuficiencia suprarrenal ou Doenza de Addison, asociada á desmielinización da substancia branca do sistema nervioso central (sistema formado polo encéfalo e a medula espiñal), con perda da vaíña de mielina de certo tipo de fibras cerebrais.
Notas
- ↑ JJ Zarranz; Neuroloxía. Ed Esselvier, 4º edición. Capítulo 20: Doenzas desmielinizantes.
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Lisosómicas | | |
---|
Mitocondriais | |
---|
Peroxisomais | |
---|
Outras | |
---|
----