Adolfo Sigwald, nado en Córdoba o 27 de outubro de 1923 e finado en Buenos Aires o 22 de marzo de 1999, foi un militar arxentino designado Gobernador de facto de Córdoba pola Xunta Militar do Proceso de Reorganización Nacional.
Traxectoria
Naceu no Barrio San Vicente da cidade de Córdoba. Na súa carreira militar foi xefe do Batallón no Colexio Militar da Nación, xefe do Rexemento de Infantaría de Monte 28 e comandante da X Brigada de Infantaría, pasando a retiro o 20 de febreiro de 1979, voluntariamente, co grao de xeneral de brigada.
Días despois, a xunta militar nomeouno interventor federal na provincia de Córdoba (sendo chamado “gobernador”), asumindo o 8 de marzo de 1979. Na súa administración, a cal se estendeu por case tres anos, fomentou conversacións entre diversos ámbitos sociais. O 20 de xaneiro de 1982 foi substituído polo Dr. Rubén Juan Pellanda.
Véxase tamén
Ligazóns externas