Adolfo Domínguez é unha empresa galega do sector téxtil con sede en Ourense propiedade do empresario Adolfo Domínguez Fernández.
Historia
As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro de xastrería en 1973. O crecemento da empresa iníciase nos anos 1980 co lema "La arruga es bella". A marca adquiriu notoriedade grazas á serie de televisión Miami Vice. Nos anos 1990 a empresa medra con franquías e tendas propias. AD foi a primeira marca de roupa en comercializar unha colección de perfumes. En 1997 comeza a cotizar na bolsa de Madrid.
A empresa tiña en 2012 un total de 695 establecementos no mundo, 446 en España e 249 fóra.
Notas