Adolfo Campos Vázquez, nado en Lalín o 4 de marzo de 1970, é un empresario e político galego.
Traxectoria
Fillo de Adolfo Campos Panadeiros, quen fora empresario e alcalde de Dozón moitos anos. É o conselleiro-delegado de NuCamSA, unha empresa de fertilizantes, e das súas sociedades dependentes, todas elas creadas e dirixidas inicialmente polo pai. En 2024 foi condenado pola morte dun traballador da empresa Frigodeza.[1]
Foi concelleiro de Dozón e primeiro tenente de alcalde. Viña presidindo os plenos municipais desde principios de 2020 pola saúde do alcalde e pai. En xuño de 2020 Adolfo Campos Panadeiros dimitiu de alcalde e de concelleiro, por razóns de saúde, e o seu fillo fíxose cargo da alcaldía.[2] O 13 de xullo de 2020 foi elixido alcalde de Dozón.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos