Adiri
|
|
Adiri vista pola sonda Huygens
|
Tipo de accidente xeolóxico
|
rel. ó albedo
|
Accidente xeolóxico de
|
Titán
|
Extensión
|
1 700 km [1]
|
Procedencia do nome
|
O paraíso na mitoloxía de Melanesia
|
Adiri é un grande accidente xeolóxico de Titán de albedo brillante. Recibe o nome do paraíso da mitoloxía de Melanesia. Está situado no oeste da extensa e escura rexión de Shangri-La. Adiri é unha rexión de terreo alto e aparece inzado de canais de drenaxe. Existen dentro de Adiri certo número de áreas escuras que se aliñan con pequenos campos de dunas que foron observados por RADAR, tamén foi observada unha rexión de terreo escuro que rodea Adiri e tamén se descubriu que consistía de amplas extensións de campos de dunas lonxitudinais, apoiando a correlación entre rexións escuras ecuatoriais e 'mares' de dunas.[2]
A sonda Huygens aterrou nunha planicie xusto ó noroeste da costa de Adiri no 2005.
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas