Acción executiva (en inglés: Executive Action) é un filme estadounidense de conspiracións sobre o asasinato de John F. Kennedy, escrito por Dalton Trumbo, Mark Lane, e Donald Freed. Foi dirixido por David Miller, quen xa traballara con Trumbo no filme Lonely Are the Brave (1962). Está protagonizado por Burt Lancaster e Robert Ryan.
Estreouse en galego o 13 de xuño de 1990 a través da TVG.[2]
Personaxes
Notas
- ↑ Kate Buford, Burt Lancaster: An American Life, Da Capo 2000 p 276
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 13 de xuño de 1990. Consultado o 18 de outubro de 2017.
Véxase tamén
Ligazóns externas