Acción Republicana Democrática Española (ARDE) é o nome dun partido polÃtico español creado nos anos sesenta do século XX como resultado do intento de unión de Izquierda Republicana e Unión Republicana, os dous partidos republicanos de maior importancia durante a Segunda República Española.
Tras a restauración da democracia en España, concorreu ás eleccións locais de 1979 logrando o segundo posto en número de votos na cidade de Segorbe, polo que, co apoio do PSOE, conseguiu o primeiro e único alcalde republicano que gobernou un municipio español desde a época republicana. Na seguinte convocatoria electoral municipal conseguiu ser o partido máis votado na devandita localidade castellonenca.
Na actualidade apoia ao Club Republicano xunto a outros partidos deste signo entre os que se atopan Grupo Terceira República Española, Liberais pola República e Progresistas Federais.
Véxase tamén
Ligazóns externas