Academo é un heroe mítico ático que, segundo a tradición axudou aos espartanos Cástor e Pólux a atopar á súa irmá Helena, que fora raptada por Teseo. O seu sartego tiña culto nunha localidade próxima a Atenas, onde foi construído un ximnasio que foi máis tarde a sede da Academia de Platón.