A abstracción é o proceso mental polo que se reduce a propia información dun concepto ó que é relevante para un propósito particular. A través da abstracción podemos imaxinar os resultados de determinada acción sen necesidade de recorrer a mecanismos físicos ou mecánicos. A disciplina coñecida como semántica xeral formula a hipótese que unha gran parte dos malentendidos entre os homes ou os grupos humanos veñen do feito que eles realizan abstraccións diferentes dun mesmo obxecto: non falan do mesmo aínda pensando na mesma cousa.