O arquipélago está constituído por cinco pequenas illas, nas que está prohibido desembarcar, agás na illa Siriba, que está aberta á visita de forma totalmente programada.[1]
As illas están dispersas nunha área que foi declarada en 1983Parque Nacional Mariño polo goberno brasileiro.[2] Este parque esta controlado polo ICMBio (Instituto Chico Mendes de Conservação da Biodiversidade), co apoio da Mariña Brasileira.
Entre os mamíferos mariños destaca a balea xibardo (Megaptera novaeangliae). Cada ano, polo menos mil individuos desta especie migran a Abrolhos procedentes da Antártida, para procrearen e aleitaren ás crías lonxe dos seus depredadores, sendo a zona máis importante área de reprodución desta especie no Atlántico suroccidental. Normalmente, as baleas permanecen en Abrolhos os últimos meses do ano. O arquipélago atrae numerosos turistas grazas a esta migración animal (e ás excelentes condicións para o mergullo dos submarinistas. Porén, non existe infraestrutura turística no arquipélago, debido á prohibición de desembarcaren nas illas por seren un Parque Natural protexido (a única excepción é a illa Santa Bárbara, onde vive unha pequena dotación militar da Mariña Brasileira). Deste xeito, os turistas que van mergullarse a Abrolhos deben permanecer todo o tempo a bordo dos barcos que os levaron ao arquipélago.[1][3]
As illas dos Abrolhos, vista desde lonxe, son de cor verde brillante. A vexetación consta de plantas e herbas suculentas, intercaladas con algúns arbustos e cactos. Aínda que pequena, a miña colección de plantas de Abrolhos contén case todas as especies que florecen alí, creo. As aves da familia dos faetónidos son extremadamente abundantes, e as fragatas. Quizais o máis sorprendente sexa o número de saurios; case todas as pedras teñen o seu lagarto correspondente; arañas en gran número; o mesmo cos ratos. O fondo mariño que está ao seu redor está densamente cuberto por enormes corais cerebriformes (corais pétreos, solitarios); moitos tiñan máis de 90 cm de diámetro.
O arquipélago formouse hai entre os 42 e os 52 millóns de aons. As súas illas están compostas principalmente de rochas volcánicas e bancos de area. Ten os maiores arrecifes de coral do Atlántico sur, algúns con alturas superiores aos vinte metros, como o arrecife Chapeirōes da Sueste.[Cómpre referencia]
Etimoloxía
O nome das illas e do parque provén da expresión "abra os ollos" (abra os olhos en portugués), utilizada polos mariños para avisaren sobre a presenza de arrecifes que cobren unha área de 913 km² e que, pola súa proximidade á superficie da auga, poderían avariaren seriamente as embarcacións e provocaren naufraxios.[1][6]
Até a chegada dos sistemas de posicionamiento global ou GPS recalar no arquipélago dos Abrolhos era sumamente difícil polo que as rutas marítimas apartábanse da costa nesa zona a fin de evitaren os perigos. Hoxe, razóns Ecolóxicas manteñen apartados deste santuario aos grandes mercantes a fin de previr a contaminación.
↑Daehnhardt, Rainer (1998). Segredos de História Luso-Alemã(en Edición bilingüe Portugués/Alemán) (1ª ed.). Lisboa: Publicações Quipu. p. 77. ISBN97-2840-807-2.
Véxase tamén
Bibliografía
Mazzei, E. F.; Bertoncini, A. A.; Pinheiro, H. T.; Machado, L. F.; Vilar, C. C.; Guabiroba, H. C.; Costa, T. J. F.; Bueno, L. S.; Santos, L. N.; Francini-Filho, R. B.; Hostim-Silva, M. & Joyeux, J.-C. (2017): "Newly discovered reefs in the southern Abrolhos Bank, Brazil: Anthropogenic impacts and urgent conservation needs". Marine Pollution Bulletin114 (1): 123–133.