A torinói ló é un filme húngaro de 2011 dirixido por Béla Tarr e Ágnes Hranitzky, e protagonizado por János Derzsi, Erika Bók e Mihály Kormos.[2] Foi escrito por Tarr e o seu colaborador habitual László Krasznahorkai. Lembra as azoutas a un cabalo na cidade italiana de Turín que se rumorea que causou a quebra mental do filósofo Friedrich Nietzsche. O filme está en branco e negro, rodado en só 30 tomas longas polo camarógrafo habitual de Tarr, Fred Kelemen,[3] e representa a vida cotiá repetitiva do propietario do cabalo e da súa filla.
Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 84ª edición dos premios,[4][5] mais finalmente non foi nomeado.[6]
Personaxes
- János Derzsi como Ohlsdorger (o pai)
- Erika Bók como a filla de Ohlsdorger
- Mihály Kormos como Bernhard (o veciño)
- Mihály Ráday como narrador
Notas
Véxase tamén
Outros artigos