A señorita Else[1] (en alemán: Fräulein Else) é unha novela do escritor vienés Arthur Schnitzler, publicada en 1924.
Foi traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato[2] e publicada pola editorial Hugin e Munin en 2016.[1]
Características
Foi publicada en 1924. Tivo grande éxito comercial e foi adaptado en máis dunha ocasión ao cinema, por exemplo na película alemá de cine mudo Fräulein Else (1929), así como a arxentina El ángel desnudo (1946) e, xa no século XX, Fräulein Else (2014).
Para a escrita desta novela curta, o autor emprega a técnica do monólogo interior; Else, a moza protagonista, é a que leva o peso da historia, ben sexa a través de diálogos ou de matinacións. Este feito tamén esta presente noutra importante obra de Schnitzler, Lieutenant Gustl.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas