A patrulla perdida (en inglés: The Lost Patrol) é un filme estadounidense de 1934 dirixido e producido por John Ford. Merian C. Cooper foi o produtor exectuvio e Cliff Reid o produtor asociado e baséase na novela Patrol de Philip MacDonald. Max Steiner compuxo a banda sonora e foi nomeado ó Óscar.
Estreouse subtitulado en galego o 6 de marzo de 2021 na TVG.[2]
Sinopse
Durante a Gran Guerra, unha patrulla británica recorre a cabalo o deserto de Mesopotamia. Un disparo dun tirador oculto acaba coa vida do oficial ao mando, o único que coñecía as ordes. O sarxento toma o mando e adopta as decisións que lle dita a súa experiencia, conducindo os seus homes ao pobre refuxio que proporciona un oasis cunha mesquita en ruínas. Os homes van caendo un a un a mans dos adversarios ocultos, e o temor vaise apoderando dos superviventes.
Personaxes
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Jewel, Richard. "RKO Film Grosses: 1931-1951." Historical Journal of Film Radio and Television, Vol. 14, No. 1, 1994, p. 56.
- ↑ Versión en galego (ed.). "A patrulla perdida na TVG". Consultado o 9 de xullo de 2021.
Véxase tamén
Bibliografía
- Evans, Alun. Brassey's Guide to War Films. Dulles, Virginia: Potomac Books, 2000. ISBN 1-57488-263-5.
- Pallot, James e James Monaco. The Movie Guide. Nova York: Berkley Publishing Group, 1995. ISBN 978-0-399-51914-7.
Ligazóns externas