A grande evasión é o terceiro disco do grupo santiagués Ataque Escampe, publicado no 2009. Ademais de estar dispoñible en formato CD, pódese descargar en mp3 de balde na páxina do selo A Regueifa Plataforma.
Por primeira vez, Ataque Escampe deixa de ser estritamente acústico para introducir algúns elementos eléctricos neste álbum.
Lista de cancións
- "A grande evasión"
- "Europa e o ballet"
- "Turnip fields forever"
- "Narval"
- "Lavacolla"
- "A febre"
- "Sempre nos matan"
- "Os vingativos"
- "Ti es Lawrence?"
- "Alvedro"
- "O futuro da navegación"
- "O último vampiro"
- "No estómago dun crocodilo"
- "Estrela errante"
- "Peinador"
- "A abordaxe final"
- "Criptozooloxía aplicada"
- "Non hai lúa"
- "Alcatraz"
Véxase tamén
Ligazóns externas