A calumnia (en inglés: The Children's Hour, tamén chamado The Loudest Whisper no Reino Unido) é un filme estadounidense de 1961 de William Wyler. O guión foi escrito por John Michael Hayes, e baséase na obra homónima de Lillian Hellman. Está protagonizado por Audrey Hepburn, Shirley MacLaine e James Garner.
Estreouse en galego o 23 de novembro de 1994 a través da TVG.[2]
Sinopse
Karen e Martha son dúas amigas e socias que dirixen a escola Dobie-Wright, escola privada para rapazas. Karen está prometida co doutor Joe Cardin, con que pretende casar axiña, aínda que Martha, que non quere estar soa á fronte da escola, insiste en que atrase a voda.
Unha alumna rancorosa e vingativa, ofendida por un castigo que recibiu, oe por casualidade un comentario e emprégao distorsionándoo ante a súa avoa, acusando ambas as profesoras de seren amantes. O escandaloso rumor esténdese rapidamente entre os pais e os titores, e en vinte e catro horas a escola queda sen alumnas.
Personaxes
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 23 de novembro de 1994. Páx. 71
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas