Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Torre.
A Torre é un lugar da parroquia de Seoane no concello ourensán de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 13 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 6 eran homes e 7 mulleres.
Na Torre naceu Francisca Barracel, quen no seu momento foi a galega máis vella con 111 anos, e segue a ser unha dos dez supercentenarios galegos.
Festa
Festa da Fornada: O primeiro sábado de agosto ten lugar a cuarta parte das festas etnográficas O Ciclo do Pan en Allariz, correndo a preparación final do pan a cargo da aldea da Torre. Procédese a amasar e cocer o pan no forno os días previos e o día da festa unha das mulleres do lugar saca o pan nunha táboa mentres baila ata chegar á aira.[1]
Lugares e parroquias
Lugares de Seoane
Parroquias de Allariz
Notas
Véxase tamén
Outros artigos