A Rainy Day in New York é un filme estadounidense de 2019 escrito e dirixido por Woody Allen. Está protagonizado por Timothée Chalamet, Elle Fanning, Selena Gomez, Jude Law, Diego Luna e Liev Schreiber. O filme segue a historia romántica de dous mozos estudantes universitarios, Gatsby e Ashleigh (Chalamet e Fanning), mentres realizan unha visita de fin de semana á cidade natal de Gatsby, Nova York. El espera profundar a súa relación mentres ela está na cidade para entrevistar a un director de cinema moi apreciado (Schreiber) para o seu xornal universitario.
O filme foi rematado en 2018, mais o seu distribuidor, Amazon Studios, detivo a estrea por mor da controversia arredor de Woody Allen e o Movemento Me Too. Estreouse en Polonia o 26 de xullo de 2019, seguido de moitos países europeos, de América Latina e Asia. Finalmente, estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de outubro de 2020 a través de MPI Media Group e Signature Entertainment.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas