Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Olveira.
A Ponte Olveira é un lugar da parroquia de Olveiroa no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 28 habitantes (15 homes e 13 mulleres).
Localización
Sitúase a carón do río Xallas, enfronte da aldea da Ponte Olveira (Corzón, Mazaricos) e ambas recibe o seu nome da ponte que cruza o río, construíuda no século XVI sobre unha anterior medieval e modificada en 1962,[1] sobre a cal discorre a estrada provincial DP-3404. Ten seis vaos de arcos de medio punto, con pedra de perpiaño.
Por aquí discorre o camiño de Fisterra-Muxía, prolongación do camiño de Santiago. Aparece citado en 1477 no Anónimo Florentino e nos itinerarios de Christoph Guzinguer (1654) e Domenico Laffi (1673). Segundo a documentación recollida polo historiador Francisco Mayán, durante a Guerra da Independencia Española tivo lugar unha batalla das xentes da zona contra as tropas francesas, baixo o mando do cura do Ézaro, Xoán Pispieiro. As tropas francesas arrasaron a zona ao seu paso cara a Cee e Corcubión.
Notas
Lugares e parroquias
Lugares da parroquia de Olveiroa
Parroquias de Dumbría
Véxase tamén
Ligazóns externas