A Northern Chorus foi unha banda canadense de space rock procedente de Hamilton, Ontario. O grupo formouse no ano 1999 despois da desaparición do anterior proxecto de Stu Livingstone e Pete Hall, Datura Dream Defered. O grupo editou catro álbums a través do selo Sonic Unyon, Before We All Go To Pieces, Spirit Flags, Bitter Hands Resign e The Millions Too Many, aínda que o álbum de estrea foi lanzado orixinalmente por Black Mountain Music. O grupo anunciou o fin da súa carreira en maio do 2008, realizando o seu derradeiro concerto no mes de xuño dese ano.
Discografía
Álbums