Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Barquiña.
A Barquiña é un lugar da parroquia de Barro no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 365 habitantes (174 homes e 191 mulleres).
Probablemente se trate do lugar en que se produciu o primeiro asentamento de poboación no concello de Noia, facilitado pola configuración xeográfica do contorno, e o seu linde directo coa ría de Muros e Noia.
Tratábase dunha zona puramente residencial, con nivel de servizos básicos, mais na actualidade cambiou o panorama radicalmente ao incluírse dentro do lugar de Carracido un macrocentro comercial, que nutre a localidade e o resto do concello de Noia e arredores.
Lugares e parroquias
Lugares de Barro
Parroquias de Noia
Véxase tamén
Ligazóns externas