Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Ameixenda.
Santiago da Ameixenda é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 476 habitantes (245 mulleres e 231 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 615 habitantes, e 1999 cando tiña 669 habitantes.
Patrimonio
Nesta parroquia atópase o castelo do Príncipe, fortaleza que foi deseñada polos enxeñeiros Llovet e Carlos Lemour e comezada a construírse en 1740 e rematada en 1755, esta foi utilizada para a defensa da da ría de Cee-Corcubión dos franceses e piratas.
A igrexa parroquial de Santiago Apóstolo (construída no s.XV e reformada no s.XVIII) acolle no seu interior unha reliquia cun dos dedos de Santiago o Maior,o cal conta a lenda, que os veciños recolleron esa falanxe tras a pelexa entre a alma do apóstolo e os moros que ocupaban a zona. Coma conmemoración da axuda do apóstolo a recuperación das terras ao pobo e a expulsión dos musulmáns os veciños ergueron a igrexa parroquial de Ameixenda.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
Lugares da Ameixenda
Parroquias de Cee
Notas
Véxase tamén
Outros artigos