Santa Lucía da Alence é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 52 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística,[2] 26 homes e 26 mulleres. O que supón unha diminución de 10 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 62 habitantes (33 homes e 29 mulleres) e 14 menos que en 2006.
Historia
En 1889 o alcalde nogalego Manuel Núñez Saavedra solicitou ó bispo de Lugo a creación da parroquia da Alence, cuxos lugares se segregarían da de Torés. Deste xeito a nova parroquia constituíuse finalmente en 1891.[3][4]
En 1966, co decreto de 20 de xaneiro, o lugar de Meizarán deixou de pertencer á Alence e pasou a formar parte de Lamas do Biduedo, no concello de Triacastela.[5][6]
Lugares e parroquias
Lugares da Alence
Parroquias das Nogais
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "IGE. Nomenclátor de Galicia. As Nogais". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2017.
- ↑ Moure, Xabier (xaneiro de 2011). "Patrimonio relixioso da Comarca dos Ancares". Colectivo Patrimonio dos Ancares.
- ↑ López Pombo, Luis (6 de xuño de 2013). "Pregón da VIII Feira da Empanada de As Nogais, 26 mayo 2013". Galicia Digital.
- ↑ "Decreto 264/1966, de 20 de enero, por el que se aprueba la segregación de Maizarán del Municipio de Los Nogales y su agregación a Triacastela, en la provincia de Lugo" (PDF). BOE (en castelán). BOE-A-1966-2328.
- ↑ Fariña Jamardo, Xosé (1993). Os concellos galegos. Parte especial VI. Fundación Barrié. p. 367. ISBN 84-87819-38-9.
Véxase tamén
Outros artigos