| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O AIK Ishockeyförening (abreviado como AIK IF) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Estocolmo (Suecia), sendo a sección de hóckey sobre xeo do club polideportivo da capital sueca Allmänna Idrottsklubben. Actualmente os seus equipos sénior compiten na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco (a SHL en categoría masculina, e a Riksserien en categoría feminina). O AIK xoga os seus partidos como local en Hovet, un pavillón con capacidade para 8 050 espectadores, aínda que ás veces xoga encontros no Globen Arena, que conta cunha maior capacidade (13 850 espectadores).[1][2]
Nos 91 anos de historia do club, o AIK xogou 66 tempadas na máxima categoría sueca (27 delas na actual SHL). O club gañou o campionato sueco en sete ocasións (1934, 1935, 1938, 1946, 1947, 1982 e 1984), se ben dende que se estableceu a Elitserien só gañou dous títulos, e foi finalista en seis ocasións (1930, 1936, 1940, 1968, 1978 e 1981), aínda que só o foi dúas veces dende que se estableceu a Elitserien.
Palmarés
Xogadores
Números retirados
Award recipients
Guldhjälmen
Guldpucken
Honken Trophy
Håkan Loob Trophy
Rookie do ano da Elitserien
Rinkens riddare
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas