A Autovía do Atlántico ou A-57 é unha futura autovía situada no corredor occidental de Galicia, que discorrerá dende A Coruña ata O Confurco (Ponteareas), pasando por Santiago de Compostela e Pontevedra.
Na actualidade, dividiuse para a súa tramitación en bastantes treitos, con diferentes estados. O único treito en obras é o traxecto entre Vilaboa e A Ermida, que pertence á circunvalación leste de Pontevedra.
A A-57 empezará na cidade da Coruña, aproveitará a autovía AC-14 dende o seu inicio ata a súa conexión coa A-6, irá ata Santiago ao oeste da N-550 e a AP-9. En Santiago de Compostela circunvalará polo oeste, creando unha auténtica circunvalación circular en dita cidade. Logo rodeará Padrón, Pontecesures e Valga polo oeste chegando a Curro onde haberá un gran nó de conexións coa AP-9, AG-41 a Sanxenxo e a futura AG-47 a Vilagarcía de Arousa. O último treito, coa tramitación máis avanzada e os proxectos construtivos listos, bordeará Pontevedra polo leste, en Vilaboa terá conexións coa AP-9 e a futura A-59 a Vigo, logo subirá polo monte para chegar á zona do Confurco, nas proximidades do Porriño, onde se conectará coa A-52 e a A-55.
Ata o 1 de outubro do 2015, a A-57 ía dende Barro ata O Confurco. En 2015, cambiouse a orixe ata a cidade da Coruña e foi bautizada co novo nome de Autovía do Atlántico.
[1]
Treitos
Denominación |
Treito |
Quilómetros |
Ano servizo / Estado (2020)
|
AC-14 |
A Coruña - Ledoño A-6) |
10,2 |
Tramo Lonzas-A Zapateira: 2015[2] Tramo A Zapateira-Ledoño: 2011[3]
|
|
Ledoño (A-6) - Ordes Norte |
- |
Pendente novo estudo informativo
|
|
Ordes Norte - Ordes Sur |
12,2 |
Estudo informativo
|
|
Ordes Sur - Sigüeiro Sur |
11 |
Estudo informativo
|
|
Sigüeiro Sur - Padrón Norte |
35 |
Estudo informativo
|
|
Padrón Norte - Valga |
6,2 |
Estudo informativo
|
|
Valga - Barro |
- |
Pendente novo estudo informativo
|
|
Barro (conexión AP-9, AG-47 e AG-41) - Pilarteiros |
10,2 |
Estudo informativo aprobado (pendente da licitación do proxecto)[4]
|
|
Pilarteiros - A Ermida (circunvalación de Pontevedra tramo 2) |
5,04 |
Estudo informativo rematado (sometida información pública)[5] (pendente de relicitación de proxecto)
|
|
A Ermida - Vilaboa (Circunvalación de Pontevedra tramo 1) |
6,48 |
Rematado e aberto ao tráfico[6]
|
|
Vilaboa - Soutomaior (conexión A-59) |
7,5 |
En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 09/09/2009)
|
|
Soutomaior - Pazos de Borbén |
6,1 |
En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 07/08/2008)
|
|
Pazos de Borbén - Padróns |
7,1 |
En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 02/04/2009)
|
|
Padróns - O Confurco (Ponteareas A-52) |
7,2 |
En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 02/04/2009)
|
Notas