54 Piscium b (HD 3651 b) é un planeta extrasolar, de cando en vez catalogado coma 54 Piscium Ab, a fin de diferencia-la pertenza á súa estela nai, xa que foi confirmado que 54 Piscium é unha binaria, co descubrimento dunha anana marrón (54 Piscium B) no sistema.[2][3] Está a unha distancia de aproximadamente 36 anos luz, na constelación de Pisces. O planeta foi descuberto orbitando ó redor da estrelaanana laranxa54 Piscium. A masa mínima do planeta é unha quinta parte dunha masa de Xúpiter, a súa órbita é moi excéntrica e tarda algo máis de dous meses en completala.
Descubrimento
O 16 de xaneiro de 2002, un equipo de astrónomos (liderado por Geoff Marcy) anunciou o descubrimento dun planeta extrasolar ó redor de 54 Piscium usando o método de detección por velocidade radial,[3] un proceso utiliza o efecto de "oscilación" que unha estrela pode experimentar cando algo está tirando dela, para establece-la presenza dun corpo planetario. O planeta estimase que ten unha masa de só o 20 por cento da masa de Xúpiter (outorgándolle ó planeta un tamaño e masa semellantes ós de Saturno).
Órbita e masa
O planeta orbita seu sol, a unha distancia de 0,28 UA (o que faría que estivese dentro da órbita de Mercurio), e lévalle preto de 62 días completa-la súa órbita. O planeta ten unha alta excentricidade orbital, cun valor duns 0,63. A órbita altamente elíptica suxeriu que a gravidade dun obxecto invisíbel máis afastado da estrela estaba tirando cara a fóra do planeta. A órbita excéntrica confirmouse co descubrimento dunha anana marrón dentro do sistema.
Perturbacións
A órbita dun planeta do tipo Terra debería estar centrada dentro das 0,68 UA[4] (ó redor da distancia orbital de Venus), que nun sistema Kepleriano significa un período orbital 240 días. Nunha simulación posterior (do ano 2006) que incluía á anana marrón, a órbita de 54 Piscium b "varría e limpaba" a maioría das partículas da proba dentro das 0,5 UA, deixando só asteroides "en órbitas de baixa excentricidade preto da distancia do apoastro do planeta, preto da resonancia 1:2". Ademais, as observacións descartaron a posibilidade da presenza de planetas tipo Neptuno ou de planetas máis pesados, cun período dun ano ou menos; aínda que si permite a posibilidade da presenza de planetas do tamaño da Terra a unha distancia de 0,6 UA ou máis.[5]