127 Hours é un filme estadounidense de xénero dramático e biográfico dirixido, coescrito e producido por Danny Boyle que se estreou no 2010. Está protagonizado por James Franco que interpreta a Aron Ralston. En 127 Hours, o barranquista Aron Ralston queda atrapado por un bloque de pedra nun canón de fenda illado de Blue John Canyon, no sueste de Utah, en abril de 2003. Foi producido por Everest Entertainment, Film4 Productions e HandMade Films.
O filme, baseado nas memorias de Ralston Between a Rock and a Hard Place (2004), foi escrito por Boyle e Simon Beaufoy, producido por Christian Colson e John Smithson, e conta con banda sonora de A. R. Rahman. Beaufoy, Colson e Rahman xa tiñan traballado anteriormente con Boyle en Slumdog Millionaire (2008). 127 Hours foi ben recibido pola crítica e a audiencia, e foi nomeado a seis Premios Óscar, incluíndo mellor actor para Franco e mellor filme.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas