10 Things I Hate About You foi unha serie de televisión estadounidense emitida na cadea ABC Family que comezou o 7 de xullo de 2009 a emitirse. A serie foi creada por Carter Covington e está baseada na película homónima de 1999. Tras ser emitidos os dez primeiros capítulos, o 11 de setembro anunciouse que se estaban gravando dez episodios máis.[1]
O 29 de abril de 2010, o creador e produtor executivo Carter Covington, anunciou en Twitter que a serie fora cancelada polas malas audiencias obtidas na segunda parte da primeira temporada.[2] O derradeiro episodio foi emitido o 24 de maio de 2010.[3]
Sinopse
A serie trata das irmás Stratford, que se mudan a California para iniciar unha nova vida co seu pai. Kat é unha feminista que respecta as regras; mentres que a súa irmá Bianca quere chegar a ser a rapaza máis popular da escola. O Dr. Walter é un pai sobreprotector con ámbalas fillas. Na escola, Kat coñece a que será súa mellor amiga Mandella, unha rapaza solitaria á que lle gusta facer graffitis. Tamén coñece a Patrick, un mozo problemático do que se namora aínda que non o dea recoñecido. Bianca coñece a Cameron, que se converte no seu mellor compañeiro, enamorándose este dela desde o primeiro momento. Tamén intenta ser a mellor amiga de Chastity, a moza máis popular e a filla do superintendente do colexio.
Elenco
Principais
Secundarios
Notas
- ↑ Godwin, Jennifer (11-09-2009). "ABC Family Renews 10 Things I Hate About You". E! Online – Watch with Kristin. Consultado o 30-X-2011.
- ↑ "10 Things I Hate About You canceled, no season three". TV Series Finale. 30-04-2010. Consultado o 30-X-2010.
- ↑ "ABC Family cancels ‘10 Things’". Livefeed.hollywoodreporter.com. 29-04-2010. Arquivado dende o orixinal o 03-05-2010. Consultado o 30-X-2011.