No caso de París, así como noutras cidades, poderíase establecer unha definición máis ampla que incluíse unha aglomeración máis extensa aínda que menor densamente poboada que a área metropolitana. Esta sería a rexión urbana de París que, cunha poboación de 11.173.886 habitantes en 1999[2] estaría entre as tres rexións urbanas máis poboadas da Unión Europea, por riba do Randstad dos Países Baixos. A poboación da área urbana de París en 2007 é de 12.067.000 habitantes.